Friday 29 de March de 2024

Mañá comezan as Festas da Cruz da Rosa en Laxe con pasarrúas e verbena


• A celebración estenderase tamén durante o venres, 22 de xullo.

Este xoves, 21 de xullo, arrincan as Festas da Cruz da Rosa en Laxe. A música comezará a soar ás 11:30 horas cun pasarrúas a cargo de Maruxía. A sesión vermú, prevista para as 14:15 horas, correrá a cargo do grupo O Tren da Unha, que tamén amenizará a noite acompañado da orquestra Foliada D’Ases.

A celebración continuará durante a xornada do venres cunha sesión vermú a cargo do grupo Galaxia (14:15 horas). Xa pola tarde, a partir das 18:30 horas, o público poderá desfrutar da actuación do DJ Ghuin Pan Funk na praza Ramón Juega. As festas finalizarán pola noite co espectáculo de Grupo Galaxia e Licor Café.

Desde o Concello deséxanlle a toda a veciñanza “que gocen de dous días de Festas da Cruz da Rosa con responsabilidade e a alegría propia destas dúas xornadas en todo o noso municipio”.